Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2014/0177-4 incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0177-4.

Acta: I362014000052500.

Empresa: Difusión, Com., Distr. y Marketing Internacional, S.L.

NIF: B27799543.

Enderezo: Montero Ríos, 16, baixo, Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, artigo 12 do Convenio 81 da OIT, do 11 de xullo de 1947, sobre Inspección de Traballo na Industria e no Comercio, e artigos 11, 5 e 7 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 17 de outubro de 2014.

Resolución: multa de 3.126 euros.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 10 de novembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo