Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48792

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal desta entidade para o exercicio 2014.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 2 de xullo de 2014, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2014: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

Ramón Villares Paz
Presidente