De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial e pola instrutora.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo de Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 12 de novembro de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: MON-CO-0127-2014 TSA.
Denunciado: Mario Rui Ferreira Corella.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0136-2014 VNA.
Denunciado: Sabina Roua.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: MON-CO-0005-2014 REP.
Denunciada: Virginia Álvarez Cordera.
Acto de notificación: proposta de resolución-resolución.