De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
O acto foi acordado pola instrutora.
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 6 de novembro de 2014
José César Losada Álvarez
Xefe territorial en Ourense
ANEXO
Expediente: OU-60/2014 RE.
Denunciado: Paul Tudosa.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: OU-73/2014 RE.
Denunciado: El Mehdi Sabir.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: OU-78/2014 RE.
Denunciado: Ionel Stefan.
Acto notificado: proposta de resolución.