Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48663

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 7 de novembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciado pola Orde do 25 de setembro de 2014.

Mediante Orde do 25 de setembro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 195, do 13 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 25 de setembro de 2014 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Apelidos e nome: Folgueral Madrigal, Guillermo.

NRP: 4483377946 A2071.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: letrado/a especialista xurisdición civil e penal.

Código do posto: PR.V30.00.000.15770.090.

Nivel: 30.

Centro directivo: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.