De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificáselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0596/2014-PPM e seis máis.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, se é o o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
Vigo, 12 de novembro de 2014
Manuel Lago Molares
Instrutor
ANEXO
Expediente: PSC-PO-0596/2014-PPM.
Persoa interesada: Eva María Gómez Rodríguez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 96, 3º C, Vigo.
Expediente: PSC-PO-0627/2014-PPM.
Persoa interesada: Óscar Besada Deza.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: travesía Areal, 18 (Portonovo), Sanxenxo.
Expediente: PSC-PO-0702/2014-PPM.
Persoa interesada: José Manuel Riveiro Barroncas.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Montemogos, 106, Bueu.
Expediente: PSC-PO-0745/2014-PPM.
Persoa interesada: José Luis Martínez Otero.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Camiño de Oia, 24, Vigo.
Expediente: PSC-PO-0751/2014-PPM.
Persoa interesada: Ramiro Eiroa Vilas.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Meiro, 56, Bueu.
Expediente: PSC-PO-0771/2014-PPM.
Persoa interesada: Antonio Piñeiro Simón.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Doctor Corbal, 197, Vigo.
Expediente: PSC-PO-0774/2014-PPM.
Persoa interesada: Santiago Rascado Ferreira.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Tristán de Montenegro, 9, Pontevedra