Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas de custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, reguladas na Orde do 11 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 18 de outubro) relativa aos expedientes TR341M 2011/31-1 e TR341M 2011/43-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que coiden oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 7 de novembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR341M 2011/000031-1.

Nome ou razón social: Ibérica de Gestión y Producción de Consumibles, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Rafael Dieste, 6, baixo, 15009 A Coruña (A Coruña).

Feito imputado: non xustificar a cantidade percibida como anticipo da axuda de custo salarial como establece este programa.

Precepto infrinxido: alíneas b) e j) do artigo 13 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR341M 2011/000043-1.

Nome ou razón social: Graublán Ibérica, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Ánxel Fole, 13, 4º A, 15930 Cambre (A Coruña).

Feito imputado: non xustificar a cantidade percibida como anticipo da axuda de custo salarial como establece este programa.

Precepto infrinxido: alíneas b) e j) do artigo 13 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.