De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado, co último domicilio coñecido na avenida de Chile, 28, entresollado, 15009 A Coruña, a resolución que desestima o recurso de alzada número AG-2013/00046, formulado contra a resolución ditada polo director de Augas de Galicia, do 27 de xullo de 2012, ditada no procedemento DH.D15.30467, que na súa parte dispositiva dice:
RESOLVO:
«Desestimar o recurso de alzada RA/AG/2013/00046 interposto por Miguel Caridad Barreiro, actuando en nome e representación da sociedade mercantil Promociones Riocesures, S.L., contra a resolución do director de Augas de Galicia, do 27 de xullo de 2012, recaída no procedemento DH.D15.30467, e confirmar a resolución impugnada.
A presente resolución pon fin á vía administrative e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou na de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.
O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.
E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas