De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto 2/2011, do 5 de setembro (BOE núm. 253, do 20 de outubro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Galego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS, Caixa Galicia e Caixanova), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.
E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 13-20-14-22 Xefatura Zona Sur |
Santiago Domínguez Bea Lg. Ardia, 30 36980 O Grove (Ponteveda) |
Incumprimento de orde de desaloxo. 5.9.2014; Cangas (Pontevedra) |
Art. 306.1.a) Art. 58 da |
Art. 312 do TRLPEMM |
300 € |