Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48627

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, das obras do proxecto de humanización da rúa Pazos e entroncamento.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento; c) Obtención de documentación e información: oficina de Contratación do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante. www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 2725-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: a realización do proxecto de humanización da rúa Pazos e entroncamento. c) CPV: 45233252-0; d) División por lotes e número de lotes; non. e) Lugar de execución: Concello de Vigo; f) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto;
c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total 175.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo finalizará o décimo terceiro día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo do deber de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo
(www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 18 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación