Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48624

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de alleamento de parcela no polígono industrial.

Por medio do presente anuncio faise público que mediante resolución da Alcaldía do 18 de novembro de 2014, acordouse a aprobación do expediente de alleamento da parcela municipal que deseguido se detalla, e decretou a apertura do procedemento de adxudicación:

1. Entidade adxudicataria: Concello da Cañiza (Pontevedra).

2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

3. Obxecto: alleamento da parcela nº 11-2 do polígono industrial da Cañiza, zona sur (1.098,00 m2).

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto cun único criterio de valoración (poxa).

6. Orzamento de licitación: vinte e nove mil noventa e sete euros (29.097,00 €). O prezo incrementarase na porcentaxe correspondente ao IVE.

7. Garantía provisional: 3 % do tipo de licitación, IVE excluído.

8. Obtención de información: Concello da Cañiza, Secretaría Xeral 986651000-1, perfil do contratante www.caniza.org.

9. Lugar e forma de presentación de proposicións: artigo 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data límite de presentación de proposicións: ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural seguinte á derradeira publicación deste anuncio (BOP, DOG ou perfil do contratante).

11. Apertura de proposicións: artigo 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 1.200,00 €.

A Cañiza, 19 de novembro de 2014

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde