Execución de títulos xudiciais 228/2014
Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 306/2014
Sobre: despedimento
Demandante: Rosa María Romero Miguens
Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira
Demandada: Servanza, S.L.
Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 228/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Mª Romero Miguens contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data do 31 de outubro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
Parte dispositiva do auto:
«Parte dispositiva:
Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Rosa María Romero Miguens coa empresa Servanza, S.L. e condeno a dita empresa a aboarlle á demandante 6.844,94 euros en concepto de indemnización.
No caso de non se proceder ao cumprimento desta resolución, continuará a presente execución como pecuniaria polo importe total de 6.844,94 euros máis 684,49 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.
Así o acordo, mando e asino.
A maxistrada xuíza».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.
E para que lle sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014
A secretaria xudicial