Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto para a contratación da subministración de vestiario e calzado de traballo para o persoal funcionario (axentes forestais e/ou axentes facultativos ambientais) adscrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 21586

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 40/2014 SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de vestiario e calzado de traballo para o persoal funcionario (axentes forestais e/ou axentes facultativos ambientais) adscrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

c) Prazo de entrega: 70 días naturais desde a formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 18100000-0 e 1880000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 85.920,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 85.920,00 €. Importe total: 103.963,20 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 4.296,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas