Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48533

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de outubro de 2014 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 2 de xaneiro de 2013.

Por Orde do 2 de xaneiro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 10 de xaneiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante desta consellería que se detalla no anexo I desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

Denominación: xefatura do Departamento de Auditoría e Calidade.

Código do posto: FC.A02.00.000.15770.055.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: A9.1/A9.4.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a persoal funcionario da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.