Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48391

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de outubro de 2014 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 209, do 31 de outubro de 2014, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 46054, no punto primeiro do «RESOLVO», engádese o seguinte parágrafo:

«Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 5, polo que a concesión desta axuda supón a aceptación do beneficiario a ser incluído na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir, ademais da obriga de publicidade establecida no artigo 13.6 das bases reguladoras, as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009».