Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de outubro de 2014 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Recoge Galicia de Gestión, S.L., concello de Cerceda (clave DH.D15.44718).

Con data do 25 de setembro de 2014 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Recoge Galicia de Gestión, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85 b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Unha vez intentada a notificación da dita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia