Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de acondicionamento do Mercado do Progreso.

Contratación por procedemento aberto das obras do proxecto de acondicionamento do Mercado do Progreso.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Mercados. c) Obtención de documentación e información: Oficina de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 1213-106.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: a realización das obras precisas para a posta en funcionamento do Mercado do Progreso e recollidas no proxecto de acondicionamento do Mercado do Progreso. c) CPV: 45400000-1. d) División por lotes e número de lotes; non. e) Lugar de execución: concello de Vigo. f) Prazo de execución: tres meses.

3.Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 das follas de especificación do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 1.226.197,57 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si, grupo C, subgrupo 6, categoría c) e grupo J, subgrupo 1, categoría c). b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) das follas de especificación do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo finalizará aos 13 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo do deber de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Dirección: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 17 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación