Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións de recurso de alzada dos expedientes sancionadores PSC-PO-0015/2014-PPM e PSC-PO-0162/2014-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio as resolucións dos recursos de alzada dos expedientes PSC-PO-0015/2014-PPM e PSC-PO-0162/2014-PPM.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes atópanse á disposición dos interesados nas oficinas da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das resolucións e constancia de tal coñecemento.

Pontevedra, 7 de novembro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: PSC-PO-0015/2014-PPM.

Denunciado: José Victoriano Domínguez Martínez.

Enderezo: lugar Os Cunchidos, s/n (Estribela), Pontevedra.

Precepto infrinxido: 137.B.14.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

Nº de expediente: PSC-PO-0162/2014-PPM.

Denunciado: José Victoriano Domínguez Martínez.

Enderezo: lugar Os Cunchidos, s/n (Estribela), Pontevedra.

Precepto infrinxido: 137.B.4.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.