Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48393

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de novembro, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 17 de novembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación dos seus documentos nacionais de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguiente ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de aprobados, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3 se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependa para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal

Anexo

Núm.

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

33288182Y

López Sánchez, Miguel

16.48

15.64

14.32

Exento

46.44

2

32783032M

Encinar Romero, María Pilar

14.81

16.26

12.20

Exenta

43.27

3

32840531G

Castro García, Noelia

12.03

15.83

11.60

Exenta

39.46

4

44476184A

Pérez Fernández, Alba

14.07

12.17

12.31

Exenta

38.55

5

53544885B

Amado González, Fernando

12.59

12.05

12.25

Exento

36.89

6

76967595G

Ordóñez Reboiras, María del Mar

11.85

11.00

13.07

Exenta

35.92

7

36126105M

López Bodaño, Antonio

11.66

11.65

10.54

Exento

33.85