A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declara desistida na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a interesada que se indica no anexo.
Logo de tentar a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo por descoñecido/a.
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle á interesada que se indica no anexo a resolución antes referida.
A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).
A Estrada, 7 de novembro de 2014
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Solicitante: Marta López Oviedo.
Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.