Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 29 de setembro de 2014 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Victoria.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Victoria e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 10.9.2014, Manuel Daniel Formoso Moledo (76499043-P)
e María del Pilar Olveira Freire (33269555-D) solicitan autorización para a transmisión da concesión e da batea Victoria.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio) e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e na Orde do 15 de xuño de 1999, modificada pola Orde do 8 de maio de 2000, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor de Acuicultura del Atlántico, S.A.
(A-152020662), da concesión e da batea que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Victoria.

Localización:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: A.

Distrito: Noia (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.6.1962.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Daniel Formoso Moledo (76499043-P) e María del Pilar Olveira Freire (33269555-D) 100 % gananciais.

Nova titular: Acuicultura del Atlántico, S.A. (A-152020662).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 29 de setembro de 2014

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña