Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48262

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 3 de novembro de 2014 pola que se convoca, para a súa provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación.

En virtude do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Axencia Galega de Innovación (rúa dos Feáns nº 7 baixo, 15705 Santiago de Compostela), no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vítae en que xustifiquen documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía e Industria.

Sexto. A orde de resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para a toma de posesión dos novos destinos obtidos será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da orden de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computar desde o día seguinte ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Código: IN.A11.00.004.15350.020.

Denominación do posto: xefatura do Departamento de Programación de Centros.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Ferrol.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD.

Corpo ou escala: xeral.

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 euros.

Tipo adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file