Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.
Denominación: recuamemto OU-05202, Gustei (N-525)-Os Peares N-120.
Situación: Coles.
Características técnicas:
LMT aérea a 20 kVA de 125 m, con condutor LA 110/116,2 mm2 e orixe na LMT VLL810 ao CT Vilarchao (32C916) e remate na LMT VLL810 ao CT Mira de Coles (32ABP1) expediente nº 1994/53 AT).
Orzamento: 6.256,12 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Ourense, 30 de outubro de 2014
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense