Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de retirada de cota láctea para a campaña 2014/15 (Real decreto 347/2003, do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión de cota láctea).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de retirada de cota láctea para a campaña 2014/15 (Real decreto 347/2003, do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión de cota láctea).

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, situadas na Consellería do Medio Rural e do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitiuse aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

As persoas interesadas teñen un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación, para que formulen as alegacións e acheguen os documentos e xustificantes que xulguen pertinentes, preferentemente nas oficinas agrarias comarcais correspondentes ou nos servizos territoriais de explotacións agrarias.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Interesada: Manuela Castro Castro.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Vilariño, 7, San Pedro, 15872 Val do Dubra (A Coruña).

Interesada: Agrícola López Martínez, S.L.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Baílle-Suegos, 11, 27279 Pol (Lugo).

Interesado: José Castro Varela.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Mosteiro, 5, 27153 Outeiro de Rei (Lugo).

Interesado: Antonio Fernández Vázquez.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Goián, 6, Guntín, 27234 Guntín (Lugo).

Interesado: Rodrigo Arias Folgar.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Suñide, 1, 27635 Samos (Lugo).

Interesado: Ramón Giao Bello.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Gosende, s/n, Castro, 15685 Mesía (A Coruña).

Interesado: José Ramón Rey Silva.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Astrar, 10, Arca, 15821 O Pino (A Coruña).

Interesada: Concepción Roibas Castelo.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: A Fervedoira, 68, Sagrado Corazón, 27003 Lugo (Lugo).

Interesado: Eusebio Taboada Gómez.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: Pidre, 9, O Sisto, 36518 Dozón (Pontevedra).

Interesada: San Xoán de Barcala, S. Coop. Galega.

Acto de notificación: retirada de cota láctea da campaña 2014/15.

Último enderezo coñecido: O Lameiro, 10, Barcala, 15863 A Baña (A Coruña).