A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 2 de outubro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Juan Ángel Santalla Artiles en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na rehabilitación e ampliación dunha vivenda tradicional no lugar da Presa, 4, San Román de Montoxo, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística