Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de outubro de 2014 pola que se notifica a orde de suspensión de obras derivada do expediente PON/30/2014-S1 de reposición da legalidade urbanística.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 7 de outubro de 2014, resolución en que ordena a inmediata suspensión das obras que se executan, consistentes na ampliación dunha edificación existente na rúa Porto do Molle, barrio de Cartas, parroquia de Parada, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra, a retirada dos materiais preparados para ser utilizados na obra ou actividade suspendida, a maquinaria afecta a esta e a suspensión das correspondentes subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións ás obras que se ordena paralizar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Josefa Giráldez Pérez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística