Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47741

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 24 da Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 23 de xullo de 2014.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, as persoas beneficiarias están suxeitas ás normas de información e publicidade conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de accións de sensibilización, información ou formación en materia de igualdade entre mulleres e homes.

c) Liña 3: promoción de accións de prevención da violencia de xénero, así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de 16.551,71 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0 do orzamento vixente deste departamento e que cofinancia, ao 80 %, o Fondo Social Europeo a través do programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Lugo, 4 de novembro de 2014

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Subvencións concedidas:

Crédito asinado: 16.551,71 euros

Liña 1: consolidación do movemento asociativo

CIF

Entidade

Importe

G27337120

Asoc. Mulleres Rurais Ledicia

2.999,00 €

G27179134

Asoc. Mulleres Rurais Agarimo

572,73 €

G27130103

Asoc. VV. Carmiña Prieto Rouco

363,64 €

G27411636

Corazóns Artesáns

222,73 €

G27013697

Asoc. Viudas Julia Minguillón

727,80 €

Liña 2: promoción de accións de sensibilización, información ou formación en materia de
igualdade entre mulleres e homes

CIF

Entidade

Importe

G27309517

Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras

3.000,00 €

G27180231

Asociación de Mulleres de San Ciprián

3.000,00 €

Liña 3: promoción de accións de prevención da violencia de xénero e
atención ás vítimas

CIF

Entidade

Importe

G27431873

Asoc. E-Deidades

3.000,00 €

G27441153

Asoc. Mm. en Igualdad de Burela

2.665,81 €