Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 20 de xuño de 2014 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Plutón.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Plutón e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 15.5.2014, María Rosa Betanzos Santos, en representación da comunidade de herdeiros de Manuel Daporta Buceta, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Plutón.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Rosa Betanzos Santos (76853712V), María Rosa Daporta Betanzos (76861914P), Manuel Daporta Betanzos (76861916X) e Nuria Daporta Betanzos (76861913F), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Plutón.

Situación:

Cuadrícula nº: 154.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis) e vieira (Pecten maximus).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.9.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Daporta Buceta e María Rosa Betanzos Santos (76853712V).

Novos titulares: María Rosa Betanzos Santos (76853712V), María Rosa Daporta Betanzos (76861914P), Manuel Daporta Betanzos (76861916X) e Nuria Daporta Betanzos (76861913F).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de xuño de 2014

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo