Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47722

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 6 de novembro de 2014 pola que se establecen disposicións de xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, regulado polo Decreto 200/2012, do 4 de outubro, para a acreditación anual das explotacións agrarias prioritarias inscritas nel.

O Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ten por obxecto organizar e regular o funcionamento do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), como instrumento público que permita dispoñer, de maneira permanente, integrada e actualizada, de toda a información precisa para un desenvolvemento axeitado do sector agro-gandeiro galego e a súa planificación e ordenación, así como o emprego dos datos rexistrais para a súa explotación con fins estatísticos.

No Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 15 de outubro), intégrase no seu capítulo III o Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias, creado pola Orde do 16 de xuño de 1998, na cal se establecen os requisitos para a cualificación das explotacións agrícolas como explotacións; mentres que na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 28 de xaneiro de 2009) desenvólvense, entre outros, o procedemento, a cualificación e a acreditación das explotacións agrarias que actualmente está en vigor.

No artigo 12.5 do Decreto 200/2012 indícase que as persoas titulares das explotacións agrarias prioritarias deberán entregar ao órgano competente unha declaración responsable anual que acredite que se manteñen as condicións da inscrición como explotación prioritaria, e que se debe establecer este procedemento mediante unha orde anual. Polo tanto cómpre establecer o dito procedemento na presente orde.

Por outra banda, no artigo 13.1 do Decreto 200/2012 establécese que para o cálculo da renda unitaria de traballo (RUT) se empregarán as marxes brutas ou netas para as distintas actividades produtivas que se deberán modular a través dunha orde anual da consellería competente en materia agraria. Ademais, no artigo 3.2.e) da Orde do 22 de xaneiro de 2009 establécese que estas marxes brutas ou netas manterán a súa vixencia mentres non se substitúan por outras. Por tanto, cómpre publicar nesta orde as ditas marxes.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto:

1. Establecer o procedemento de presentación da declaración responsable anual que acredite que se manteñen as condicións de cualificación das explotacións prioritarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia establecidas no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante Reaga).

2. Publicar as novas marxes produtivas netas e brutas correspondentes ás diversas actividades produtivas, para o cálculo da RUT, de acordo co artigo 13 do Decreto 200/2012 e co artigo 3.2.e) da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 28 de xaneiro de 2009).

Sección 2ª. Mantemento das condicións das explotacións prioritarias

Artigo 2. Presentación da declaración responsable

1. Mediante esta declaración deberase acreditar anualmente que se manteñen as condicións do recoñecemento e inscrición como tales das explotacións agrarias prioritarias conforme o previsto no capítulo III do Decreto 200/2012.

2. Están na obriga de presentar a declaración responsable ante o órgano encargado da xestión dese rexistro no prazo establecido no artigo 5 desta orde:

a) As persoas titulares das explotacións agrarias prioritarias inscritas no Reaga, para o cal deberán presentar o anexo I desta orde.

b) No caso de explotacións agrarias prioritarias con titular persoa xurídica, xunto coa declaración responsable, deberase acreditar o nome e a porcentaxe de participación dos seus socios, para o cal deberá presentar o anexo II. Así mesmo, coa declaración responsable deberase acreditar o nome das unidades de traballo agrario (UTA) da explotación e o tipo de UTA (man de obra familiar, man de obra asalariada), para o cal deberá presentar o anexo III.

3. A falta de presentación da declaración no prazo indicado suporá o inicio de oficio dun expediente de baixa segundo o establecido no artigo 11 do Decreto 200/2012, agás que o titular da explotación prioritaria presentase as autorizacións incluídas nos números 3 e 4 do artigo 3 en anos precedentes. Neste último caso non se está obrigado a presentar a dita declaración responsable.

4. Sen prexuízo do indicado neste artigo, e de acordo co que se establece no artigo 9 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, as persoas titulares de explotacións agrarias prioritarias deberán comunicar todos os cambios que afecten a condición de prioritarias, especialmente os relativos á titularidade, dimensión produtiva da explotación e man de obra ocupada nela. Estes cambios terán que ser notificados no prazo máximo dun mes desde que se produzan. No caso de cambios de titularidade, deberá acreditarse se o novo titular desexa manter a condición de prioritaria, para o cal deberá presentar a documentación indicada nos artigos 14 a 18 do Decreto 200/2012. Para o resto das modificacións substanciais na explotación, terase en conta o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 200/2012.

Artigo 3. Contido da declaración responsable

1. A documentación que se debe achegar xunto ao anexo I é a seguinte:

a) Anexo II, só no caso de explotacións agrarias prioritarias con titular persoa xurídica.

b) Anexo III.

c) Para acreditar a condición de agricultor profesional, última declaración do IRPF no caso de explotacións agrarias prioritarias con titular persoa física. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas en réxime de atribución de rendas, os socios deberán presentar a última declaración do IRPF e o certificado de ingresos e retencións de cada un dos socios. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas que non estean en réxime de atribución de rendas, presentarán a última declaración do imposto de sociedades e a última declaración do IRPF de cada un dos socios. Esta documentación só se ten que presentar no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria para consultala.

d) Para acreditar as UTA e a condición de agricultor profesional, informe de vida laboral no caso de explotacións prioritarias con titular persoa física. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas, deberase presentar informe de vida laboral dos socios que sexan agricultores profesionais. E no caso de man de obra asalariada, deberase presentar informe de vida laboral da empresa. Esta documentación só se ten que presentar no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria a consultar eses datos.

e) Para acreditar que reside na comarca onde radica a explotación ou noutra limítrofe, os datos de residencia que constan no Instituto Nacional de Estatística. No caso de entidades asociativas, teranse en conta os datos de residencia dos socios agricultores profesionais. Esta documentación só se ten que presentar no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria para consultar eses datos.

f) Copia do NIF da persoa física solicitante ou do seu representante legal no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria para consultar eses datos.

2. A declaración responsable poñerá de manifesto que se manteñen as condicións da inscrición como prioritaria das explotacións das persoas titulares, segundo o establecido no capítulo III do Decreto 200/2012.

3. Na dita declaración e nos anexos II e III figurará a autorización ao órgano xestor da consellería con competencia en materia agraria para solicitar os informes ou a información que figuran no artigo 4 da presente orde e que xustifican que se manteñen as condicións da inscrición como prioritaria, agás denegación expresa por parte da persoa, que deberá presentar nese caso as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. Tamén deberán presentar no caso de persoas xurídicas copia do NIF e copia do DNI do seu representante e dos seus socios e, no caso das persoas físicas, copia do DNI do titular e das UTA. As copias do DNI deberanse achegar no caso de non autorizar a consellería competente en materia agraria para a consulta de datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Artigo 4. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación dos datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de declaración responsable incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. Xunto á declaración responsable, as persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estiveren en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da declaración responsable pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor da consellería con competencia en materia agraria para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

Estas certificacións son:

a) No caso da Axencia Estatal da Administración Tributaria: para titulares individuais, a declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas en réxime de atribución de rendas, os socios deberán presentar a última declaración do IRPF e o certificado de ingresos e retencións de cada un dos socios. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas que non estean en réxime de atribución de rendas, presentarán a última declaración do imposto de sociedades e a última declaración do IRPF de cada un dos socios.

b) No caso da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, informe de vida laboral do titular individual. Para as entidades asociativas informe de vida laboral dos socios que sexan agricultores profesionais e, de contar con man de obra asalariada, informe de vida laboral ou da conta de cotización da empresa.

c) No caso do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, certificado de empadroamento do titular da explotación. Para as entidades asociativas, certificado de empadroamento dos socios agricultores profesionais.

Artigo 5. Prazo e forma de presentación anual da declaración responsable

1. Os titulares das explotacións agrarias prioritarias deberán presentar dentro do primeiro trimestre de cada ano natural unha declaración responsable segundo o referido no artigo 2 desta orde. As declaracións responsables deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación da declaración responsable será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar declaracións responsables en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Estas declaracións presentaranse preferentemente nas oficinas agrarias comarcais.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración responsable, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

3. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación e de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Sección 3ª

Artigo 6. Marxes produtivas

1. Segundo se establece no artigo 13 do Decreto 200/2012 para a determinación da renda unitaria de traballo (RUT) necesaria para a cualificación das explotacións prioritarias, no anexo IV apróbanse as marxes produtivas brutas e netas correspondentes ás diferentes orientacións produtivas, e que substitúen as publicadas no anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009.

2. No caso de actividades produtivas que non figuren neste anexo, o solicitante poderá presentar un estudo económico, que será validado/revisado pola subdirección xeral con competencia en explotacións agrarias.

Sección 4ª

Artigo 7. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das declaracións responsables, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como o de informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:

Consellería do Medio Rural e do Mar/Secretaría Xeral Técnica

Edificio administrativo San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

ou a través dun correo electrónico a secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es.

Disposición transitoria única. Prazo de presentación para o ano 2014 da declaración responsable

A declaración responsable correspondente ao ano 2014 presentarase no prazo de dous meses contados desde o día de publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Disposición adicional única

Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia, sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

Disposición derradeira primeira. Execución

Corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria ditar os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Marxes brutas e marxes netas segundo actividades produtivas

Clave

Produción

Unidade

Produto
bruto (€)

Gastos
variables (€)

Marxe
bruta (€)

Marxe
neta (€)

6

Patacas

ha

2.283,85

1.104,36

1.179,49

743,00

7

Amorodo

ha

24.050,00

4.507,00

19.543,00

12.500,00

8

Kiwi

ha

9.135,39

946,60

8.188,79

5.944,10

9

Outras froiteiras

ha

9.616,19

1.658,79

7.957,40

5.944,10

9

Oliveira intensivo

ha

14.250,00

2.100,00

12.150,00

8.000,00

9

Oliveira extensivo

ha

3.800,00

2.100,00

1.700,00

1.200,00

9

Arando

ha

66.223,96

52.738,11

13.485,85

10.788,67

10

Hortalizas aire libre

ha

31.973,84

6.941,69

25.032,15

14.860,30

11

Flor aire libre

ha

7.137,02

2.839,78

4.297,24

3.715,10

12

Invernadoiro flor

ha

91.353,83

25.242,50

66.111,33

49.534,30

13

Invernadoiro hortaliza

ha

75.366,92

13.883,38

61.483,54

49.534,30

14

Viveiros extensivo

ha

90.000,00

40.500,00

49.500,00

30.000,00

14

Viveiros mixto

ha

317.500,00

174.625,00

142.875,00

100.000,00

15

Viña preferente

ha

8.113,66

1.502,53

6.611,13

4.953,40

16

Viña non preferente

ha

4.567,70

1.514,55

3.053,15

2.500,00

17

Outros cereais

ha

647,09

228,38

418,71

297,20

17

Trigo

ha

1.442,43

390,66

1.051,77

750,00

18

Outros cultivos

ha

33.055,67

6.611,14

26.444,53

15.000,00

44

Vacas leite

1 kg produc.

0,31

0,19

0,12

0,06

45

Xovencas leite

Cab.

1.260,00

980,00

280,00

99,10

46

Vacas carne

Cab.

743,60

376,67

366,93

325,61

47

Xovencas carne

Cab.

1.200,00

742,00

458,00

250,00

48

Xatos ceba

Praza (1,25 cab.)

820,38

628,81

191,57

148,60

49

Ovellas

Nai

103,00

18,00

85,00

66,00

49

Ovellas leite

Nai

120,00

26,00

94,00

75,00

50

Cabras

Nai

118,00

18,00

100,00

81,00

51

Eguas

Nai

199,84

28,40

171,44

148,60

53

Coellas

Nai

139,99

105,94

34,05

32,30

54

Enxames

ud.

79,93

31,55

48,38

43,70

55

Porcas nais

Porca nai

1.336,05

1.079,12

256,93

205,64

55

Porcas celtas nais

Porca nai

484,50

289,15

195,35

164,56

55

Porcas reproductoras

Porca nai

883,79

687,33

196,46

134,20

56

Porcos ceba

Praza

285,48

268,20

17,28

15,64

56

Porcos ceba cadea

Praza

300,51

285,48

15,03

11,90

58

Aves carne

Praza

8,89

7,61

1,28

1,05

58

Polo curral

Praza

7,80

6,34

1,46

1,15

58

Pavos

Praza

27,11

22,54

4,57

3,70

58

Polo curral ecolóxico

Praza

21,00

14,07

6,93

4,50

59

Poñedoras

Praza

15,66

14,14

1,52

1,35

59

Poñedora ecolóxica

Praza

39,67

1,21

38,46

29,70

59

Recría int. bateria

Praza

102,42

94,44

7,98

7,80

59

Recría int. chan

Praza

84,79

73,24

11,55

11,00

59

Poñedora ovo para incubar

Praza

4,33

0,68

3,65

2,86

59

Poñedoras campeiras

Praza

20,23

15,32

4,91

3,00