Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de desmantelamento parcial de infraestruturas de distribución de enerxía eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2014/115-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/115-1.

Solicitante: Electra do Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15129 Vimianzo.

Denominación: desmantelamento parcial LMTA (expediente 51.019), desmontaxe da caseta CT existente (antigo CT Castromil) e desmontaxe de 47 m RBTA.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas:

Desmantelamento da cruceta e illadores do apoio de formigón nº 1 (HV-1000/11) da LMT aérea existente Careixo-Castromil-Torelo (expediente 51.019), manténdose instalado o apoio na súa condición de apoio común coa LMT aérea Reboredo-Castro (expediente 51.271).

Desmontaxe e retirada dos apoios de formigón nº 2 (HV-630/13), nº 3 (HV-250/13), nº 4 (HV-400/11), nº 5 (HV-1000/13) e nº 6 (HV-1000/13) pertencentes á LMT aérea existente Careixo-Castromil-Torelo (expediente 51.019). Demolición e retirada por xestor de residuos autorizado das cepas de formigón dos citados apoios.

Peche e desmantelamento do treito de liña de media tensión aérea comprendido entre os apoios nº 1 (de formigón HV-1000/11) e nº 7 (de formigón tipo HV-1000/13), de 598,63 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56/54,6 mm2 Al/Alm, da LMT aérea existente Careixo-Castromil-Torelo, autorizada no expediente 51.019.

Instalación, entre o apoio nº 7 e o apoio nº 6 para retirar da LMT aérea existente Careixo-Castromil-Torelo (expediente 51.019), dun novo apoio de formigón tipo HV-2500/13 con cruceta metálica tipo CR1-CA, que terá a condición de apoio fin de liña. Conexión entre o apoio nº 7 e o novo apoio en condutor LA-56.

Demolición e retirada por xestor de residuos autorizado do antigo CT caseta obra civil Castromil (expediente 8.164), que está fóra de servizo na actualidade.

Conexión da LMT aérea Careixo-Castromil-Torelo (expediente 51.019) reformada polas actuacións anteriores coa LMT aero-subterránea denominada Torelo-Careixo (expediente IN407A 2013/64-1).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 10 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña