Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4221/2014, interposto por Aurora Álvarez Dopazo, Manuel Nieto Carballeda e Luis González González, e P.O. 4220/2014, interposto por Aguas de Fontenova, S.A., contra a Resolución do 21 de marzo de 2014 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Monterrei (Ourense).

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos número P.O. 4221/2014, interposto por Aurora Álvarez Dopazo, Manuel Nieto Carballeda e Luis González González, e número P.O. 4220/2014, interposto por Aguas de Fontenova, S.A., contra a Resolución do 21 de marzo de 2014 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Monterrei (Ourense).

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 30 de outubro de 2014.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas