Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores PES-CO-0007/2014-V e PES-CO-0024/2014-V, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentadas as notificacións persoais dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: PES-CO-0007/2014-V.

Denunciado: José Montero Farto.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: PES-CO-0024/2014-V.

Denunciado: José González Otero.

Acto de notificación: resolución.