Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xuño de 2014, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación da modificación substancial por ampliación de uso para permitir a subministración a vehículos automóbiles da concesión administrativa outorgada a Suministros Hervaz, S.L., no dominio público portuario de Cabo de Cruz (expediente 12-52-00-C-1).

Suministros Hervaz, S.L. solicita unha modificación substancial por ampliación de uso para permitir a subministración a vehículos automóbiles da concesión administrativa outorgada para a construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións, no dominio público portuario de Cabo de Cruz, segundo o «Proxecto de instalación dunha marquesiña na estación de servizo do porto de Cabo de Cruz (Boiro)», elaborado polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Ozores Nine (colexiado nº 2084), asinado o 13 de xuño de 2014, e do «Proxecto básico: instalación de rede de saneamento e rede de abastecemento», elaborado pola enxeñeira técnica agrícola Rosa Ana Tubio Piñeiro (colexiada nº 1.511), asinado o 17 de xuño de 2014.

O que se fai público para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 18 de xuño de 2014

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia