Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes na rúa Valentín Viqueira.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o 29 de xullo de 2013, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes no número 3 da rúa Valentín Viqueira, redactado polos arquitectos Juan Caridad Graña e Isidro López Yáñez, e promovido por Ricardo Vélez Silva.

De conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, o 20 de setembro de 2013 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do estudo.

Vilagarcía de Arousa, 9 de outubro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde