Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (563/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 563/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Arias Buján contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Francisco José Arias Buján, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.768,65 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes indicando que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

A secretaria xudicial