Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de outubro de 2014 pola que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU3/51/2012-D1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de setembro de 2014, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva a Gregorio Montoya Montoya, como consecuencia de incumprir a Resolución do 2 de xuño de 2008 pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción de tres edificacións destinadas a vivenda unifamiliar, no lugar dos Canivelos, San Tomé, no termo municipal de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpor recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística