Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto de tramitación ordinaria e anticipado de gasto, da subministración de equipamento de videoconferencia para diferentes ámbitos da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 06/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 6/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de sistemas de videoconferencia a distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 3.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 4 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 371.100,00 €, máis 77.931,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 449.031,00 €, que se distribúe por lotes como segue:

Lote 1: sistemas de videoconferencia fixos para salóns de actos: 135.000,00 € + IVE (28.350,00 €) = 163.350,00 €.

Lote 2: equipos móbiles de videoconferencia con pantalla para salas: 97.500,00 € + IVE (20.475,00 €) = 117.975,00 €.

Lote 3: equipos persoais de videoconferencia con pantalla integrada: 138.600,00 € + IVE (29.106,00 €) = 167.706,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21526.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 22 de decembro de 2014, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro da Amtega.

2) Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 10 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia