Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47354

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación (expediente 13429-333).

Anuncio de contratación das obras de reforma da cuberta no pavillón polideportivo de Teis.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Deportes. c) Obtención de documentación e información: oficina de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 13429-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: as obras recollidas no proxecto de obras de reforma da cuberta no pavillón polideportivo de Teis. c) CPV: 45260000-7. d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: Concello de Vigo. f) Prazo de execución: tres (3) meses. g) Prórroga: só se prorrogará o prazo contractual nos casos previstos na cláusula 24.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8) da folla de especificacións do contrato (FEC) do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 158.359 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida na cláusula 8) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo terceiro (13) día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 7 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación