Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación (expediente 2678-440).

Anuncio de contratación das obras do proxecto de humanización da rúa Juan Ramón Jiménez, entre a avenida das Camelias e Menéndez Pelayo.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento; c) Obtención de documentación e información: oficina de Contratación do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 2678-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: a realización do proxecto de humanización da rúa Juan Ramón Jiménez, entre a avenida das Camelias e Menéndez Pelayo. c) CPV: 4513100-5; d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: Concello de Vigo; f) Prazo de execución: sete (7) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 8 da folla de especificacións do contrato (FEC) do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 630.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si. Grupo A, subgrupo 1, categoría a; e grupo C, subgrupo 2, categoría b, e grupo J, subgrupo 1, categoría c. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6 da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo finalizará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 7 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación