Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-57/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-57/2014.

2. Obxecto do contrato: desenvolvemento e xestión dos distintos campamentos municipais dirixidos a menores, ano 2015, por lotes:

– Lote 1. Campamentos urbanos de verán e Nadal.

– Lote 2. Campamentos de día de verán.

– Lote 3. Campamentos tradicionais de verán.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 130.000 €; lote 2: 80.000 € e lote 3: 50.000 €. IVE incluído en todos os casos: 10 %.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es.
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de novembro de 2014

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública