Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/160).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Bricolaje Bricoman, S.L.U.

Domicilio social: avenida Puerta del Sol, 2, parque comercial pza. Nueva, edif. Bricomán-Leganés.

Denominación: CS-medida, LMTS e CT de 1.000 kVA.

Situación: A Sionlla-Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– CS en caseta soterrada prefabricada de formigón, compartida co centro de medida proxectado, que inclúe 3 interruptores-seccionadores de 24 kVA, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas.

– Centro de medida en caseta soterrada prefabricada de formigón equipado con: interruptor-seccionador, protección xeral, equipo de medida e interruptor-seccionador de saída; todo en cabinas metálicas prefabricadas. LMT soterrada de 200 m de lonxitude en cable 12/20 kV de 1×150 AL.

– CT de obra civil situado en edificio doutros usos, con trafo de 1.000 kVA, relación 20/0.42 kV, seco. Aparellaxe de manobra e protección en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 30 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña