Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén temporal de residuos non perigosos.

Dando cumprimento ao disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública a seguinte actividade:

Foi solicitada nesta alcaldía licenza municipal para para a instalación dun almacén temporal de residuos non perigosos, sito na rúa J.B. Carrera Fábregas, nº 38, a nome de Juan José Oca Canosa, do concello de Corcubión.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación.

A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos estremeiros e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para poderen alegar o que consideren oportuno.

Corcubión, 5 de agosto de 2014

Francisco J. Lema Fuentes
Alcalde-presidente