Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0511/2014-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio dos expedientes PSC-CO-0511/2014-PPM e sete máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 23 de outubro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0511/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Pasantes Lista.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Furoca, 16, baixo, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0516/2014-PPM.

Persoa interesada: Luis Iván Vilela Lago.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Nemiña, 40, Muxía.

Expediente: PSC-CO-0562/2014-ORS.

Persoa interesada: Luis Felipe Márquez López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Cambre, 25, 5º B, Cambre.

Expediente: PSC-CO-0549/2014-COP.

Persoa interesada: Armando Miguel Monteiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 26, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0545/2014-ORS.

Persoa interesada: Iván Quintana Cabaleiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Armada Española, bloque 32, portal 13, Ferrol.

Expediente: PSC-CO-0543/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Pasantes Lista.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Furoca, 16, baixo, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0544/2014-PPM.

Persoa interesada: José Luis Pasantes Lista.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Verónica, 1, baixo B, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0587/2014-PPM.

Persoa interesada: Jesús Pérez Leis.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa da Escola, 7, 3º dta., Cee.