Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2014/122-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/122-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: proxecto de LMTS nova saída da subestación Sigüeiro e enlace con LMT SCY-822 e anexo 1.

Situación: concello de Trazo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea enlace SIG-804 e SCY-822, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,666 km, con orixe no apoio 41 existente da LMTA SCY-804, no tramo a derivada ao CT Breixo (expediente 32.237) e o CT Pedrouzo-Trazo (expediente 52.772) en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no apoio nº 72 existente que se vai substituír por novo apoio da LMT-822, no tramo entre a derivada ao CT Rego do Gato (expediente 51.165) e a derivada ao CT Gonselle (expediente 51.580).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste resolución.

A Coruña, 20 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña