Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de reposición interposto por Cintia Candame Pazos.

Con data do 11 de setembro de 2014, o director xeral da Función Pública ditou resolución respecto ao recurso de reposición formulado por Cintia Candame Pazos contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 26 de xullo de 2013, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo, por non retirada, tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Cintia Candame Pazos a resolución antes referida.

A recorrente pode recoller a resolución comparecendo nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia, para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (Boletín Oficial del Estado núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública