Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0285/2014-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas a proposta de resolución dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0285/2014-PRE

Jorge González Pérez

Cures, 2, Enseño, Boiro

PSC-RI-0400/2014-V

Perfecto Vilasoa Bretal

Escarís, 18, Lampón, Boiro

PSC-RI-0415/2014-PPM

Francisco José Dieste Míguez

O Hórreo, 32, Posmarcos, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0476/2014-COO

Juana María López Fernández

Tetuán, 32, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0512/2014-PPM

Francisco Agra Hermo

Avenida República Arxentina, s/n, Noia

PSC-RI-0535/2014-PPM

Francisco Manuel Ollero Triñanes

Banda do Río, 24, Cabo de Cruz, Boiro