De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega, a resolución do expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida Habana, nº 79, 2º, Ourense.
Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todo os efectos regulamentarios.
Ourense, 21 de outubro de 2014
Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-192/14.
DNI: 34954814-M.
Denunciado: Juan José Mato Rodríguez.
Enderezo: rúa San Martiño, 36, Ribadavia, Ourense.
Establecemento: Qabalah, rúa San Martiño, 36, Ribadavia, Ourense.
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Importe da sanción: 120 €.