De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola instrutora.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar,
A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 20 de outubro de 2014
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0012.
Interesado: José Luis Gabarris Díaz.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.