Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da convocatoria pública para a concesión de subvencións.

Mediante Resolución da Alcaldía do 16 de outubro de 2014, acordouse:

Primeiro. Realizar a convocatoria pública para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas de Abegondo, con cargo ás partidas orzamentarias 337.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello.

Abegondo, 16 de outubro de 2014

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde