1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obra de ampliación (fase I) do CEIP Ramón Otero Pedrayo.
b) Lugar de execución: A Laracha (A Coruña).
c) Prazo de execución: oito (8) meses.
d) Clasificación: grupo C e categoría D.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria/anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
a) Valor estimado: 835.624,67 €.
b) IVE: 175.481,18 €.
c) Importe total: 1.011.105,85 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.
5. Garantía provisional.
2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Teléfono: 981 54 44 55.
d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21430
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria